xoves 22.08.2019
Cativada

Un total de 119 nenos e nenas participaron no desfile da Ludobatucada de Verín

Hoxe, venres 26 de xullo, deu comezo a Batucada 2019 coa celebración do desfile da Ludobatucada que organiza a Oficina Municipal Xuvenil do Concello de Verín. Un total de 119 cativos déronse cita ás 11:00 horas na Praza do Concello para lucir os disfraces de heroes e heroínas que levaban días preparando coa axuda dos monitores e monitoras.

O alcalde, Gerardo Seoane, e a concelleira de cultura, Emilia Somoza, recibían aos participantes antes do comezo do desfile. Ao son da Banda de Gaitas de Verín os nenos e as nenas recorreron as rúas Laureano Peláez, rúa Lisa e Praza Maior. A festa continuou despois no colexio Amaro Refojo.

Con esta actividade comezan dous días de festa en Verín. O prato forte será mañá, sábado 27, coa Festa da Auga e a Escuma, o desfile de batucadas e a actuación de Baiuca Live Band A/V Show.

Velaquí unha boa mostra en imaxes baixo o obxectivo de Carlos Montero.

Un total de 119 nenos e nenas participaron no desfile da Ludobatucada de Verín