martes 22/09/20
A Mezquita

GALERÍA | Primeira feira de artesanía do Concello da Mezquita

O Concello da Mezquita vén de pechar a primeira edición da súa feira de artesanía "Artesanato". Fíxoa coincidir co mercado tradicional -que se celebrou pola mañá deste mércores 5 de agosto-, pero todo indica a que, dado o éxito da convocatoria, terá vida propia o vindeiro ano. 
Dezaséis foron os comerciantes que se achegaron ata a vila, e non só de artesanía, aínda que eran os máis numerosos. Os visitantes tamén podían atopar queixos, postos promocionais de gandeiría ecolóxica ou comercializadores de aceite, elaborados na Baixa Limia, entre outros. 
A banda de gaitas do veciño concello castelán-leonés de Lubián e a Foliada Tradicional local foron os primeiros en abrir a quenda de intervencións musicais. Logo, Crunch, co seu espectáculo teatral para os máis cativos, deu paso á proxección dunha curtametraxe sobre as historias protagonizadas na raia con Portugal. Finalmente, o conxunto compostelán de vento-metal Brassica Rapa deleitou aos presentes coa súa música. 
comentarios
GALERÍA | Primeira feira de artesanía do Concello da Mezquita