domingo. 19.05.2024

Evento

AXENDA | Andaina solidaria a favor da Cruz Vermella

12/5/24
10:00
Saída dende a Praza da Mercé, Verín.
CRUZ ROJA ANDAINA JUNIO 2023-28
Andaina a favor da Cruz Vermella no pasado ano.

O vindeiro domingo, 12 de maio, terá lugar a tradicional andaina a favor da Cruz Vermella. Unha ruta solidaria organizada co obxectivo de axudar á entidade a recadar fondos para levar a cabo a súa labor social en favor dos colectivos máis desfavorecidos.

Itinerario

A andaina, de dificultade baixa, terá un percorrido de 10 quilómetros polo val do Támega. Partindo da Praza da Mercé, ás 10:00 horas, e percorrendo as ribeiras do río dirección Castrelo do Val (pasando por Tintores, Vilela ou A Pousa, entre outros fermosos paraxes).

A inscrición ten un prezo de 8€, que inclúe avitoallamento, un agasallo e un boleto para o Sorteo de Ouro da Cruz Vermella. A inscrción debe realizarse con anterioridade, ben no local da empresa Multisport, ben a través do teléfono (tamén Whatsapp): 600 410 018.

Organizada polo Concello de Verín, coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín e a Asociación de sendeirismo Ruta das Augas. Ademais, na iniciativa colaboran as empresas Multisport, Hortoverín e Sousas.

Comentarios