martes. 09.06.2026
O CDR Portas Abertas traballa no programa piloto con 9 veciños de Vilardevós

NOTICIAS VERÍN | Biocoidados, un proxecto de mellora na asistencia ós maiores do rural

Parte do equipo do CDR Portas Abertas que traballa no proxecto Biocoidados.
Parte do equipo do CDR Portas Abertas que traballa no proxecto Biocoidados.

O CDR Portas Abertas, a través de Confederación de Centros de Desarrollo Rural (Coceder), traballa nun proxecto que busca unha nova forma de traballo na atención da poboación nas zonas rurais. O programa chámase Biocoidados: Novos modelos de coidados prestados á comunidade, centrados nas persoas, en contornas rurais e atópase agora nunha fase de implementación.

O proxecto divídese en catro partes. A primeira é sobre o deseño da metodoloxía, a segunda supón a súa implementación, a terceira trátase dunha avaliaicón dos resultados e a última centrarase na elaboración de propostas de cambio. O obxectivo é previr a institucionalización dos maiores, utilizando os recursos comunitarios e cambiando o modelo de Servizos Sociais.

A prevención do institucionalización das persoas é o principal obxectivo deste proxecto que se desenvolve a nivel estatal

Xunto ao CDR Portas Abertas traballan otros 17 centros de toda España que, de forma coordinada, buscan os mellores resultados. O programa arrancou en xaneiro deste ano coa primeira fase, que rematou o 30 de xuño. Esta parte finalizada verase reflexada no deseño das “Historias de vida” e “Plans de vida” que permitirán mellorar o benestar dos beneficiados co fomento da súa autonomía e do aproveitamento de recursos da comunidade.

O equipo que compón este proxecto é munltidisciplinar e dispón dunha traballadora e unha educadora social, unha psicóloga, integradores sociais, persoal de atención sociosanitaria, auxiliares de enfermería e asistentes persoais, entre outros.

Vilardevós será o lugar no que avancen a segunda fase deste proxecto. Xunto cos Servizos Sociais do Concello, seleccionaron a un grupo de veciños que cumplen cos requisitos para formar parte deste programa piloto. Isto comezou o 27 de xuño con 9 persoas de diversas localidades de Vilardevós.

Os participantes teñen en común un risco de institucionalización, polo que durante 15 meses contarán con este equipo de Portas Abertas para ver o funcionamento do plan, que posteriormente se avaliará e sacaranse conclusións.

NOTICIAS VERÍN | Biocoidados, un proxecto de mellora na asistencia ós maiores do rural