viernes. 21.06.2024
O conselleiro Francisco Conde estivo acompañado do alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, e de membros de Raiola Future.
O conselleiro Francisco Conde estivo acompañado do alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, e de membros de Raiola Future.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá a planta de enerxía fotovoltaica que Raiola Future ten no concello de Vilardevós. Conde, acompañado do alcalde, Manuel Cardoso, comprobou a ampliación das súas instalacións para converterse na planta "máis grande e importante de Galicia" na produción desta renovable.

A capacidade de xeración de electricidade en Vilardevós aumentouse en máis de 600 quilovatios para chegar a superar os 2 megavatios de potencia que ten agora. "Hai que felicitar ó seu promotor por desenvolver este proxecto e tamén ao alcalde por facilitar e demostrar que se poden integrar as enerxías renovables co medio ambiente e a protección dos espazos naturais", apuntou Conde.

No conxunto de Galicia, a capacidade de produción de enerxía eléctrica a través de paneis fotovoltaicos é de 18 megavatios e a cifra estase incrementando. "Nestes momentos estamos intentando ampliar esa aposta cunha maior diversificación que permita reducir os prezos da factura eléctrica", sinalou. No caso de Vilardevós, a planta aproveita que se atopa no concello co promedio anual máis alto de horas de luz sola da provincia, o que lles permite incrementar a produción.

Ao mesmo tempo que potenciarán a creación de planta como a de Vilardevós, tamén apostarán polo autoconsumo. No que vai de ano, Conde afirmou que se aprobaron 2.000 instalacións e son máis de 4.100 as rexistradas en Galicia. "O vindiero ano, poremos a disposición das familias das pequenas e medianas empresas 17 millóns de euros que se destinarán á instalación de enerxías fotovoltaicas para o autoconsumo", engadiu o vicepresidente da Xunta.

Todos estes esforzos teñen como obxectivo triplicar a capacidade da potencia instalada, com ose recolle na Axenda Enerxética de Galicia. No 2021, a fotovoltaica xa produciu un 3,7% máis de enerxía ca no 2020.

NOTICIAS VERÍN | Vilardevós conta coa maior planta de enerxía fotovoltaica de Galicia
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad