domingo. 19.07.2026
A gala será en San Xoán de Río o 20 de febreiro

Eva Pérez Gamote e Eva Barrio, finalistas na categoría de Alcaldesa Rural nos Premios Muller Rural Galicia 2026

Ana María Villarino, Eva Barrio y Eva Pérez Gamote, alcaldesas de Oímbra, O Riós y Vilardevós. | FOTO: Noelia Caseiro.
Ana María Villarino, Eva Barrio y Eva Pérez Gamote, alcaldesas de Oímbra, O Riós y Vilardevós. | FOTO: Noelia Caseiro.

Os concellos de Vilardevós e Riós celebran que as súas alcaldesas, Eva Pérez Gamote e Eva Barrio, foron nominadas á categoría Alcaldesa Rural, recoñecendo o seu compromiso coa igualdade, o desenvolvemento local e o fortalecemento da vida no rural galego. Estes premios buscan visibilizar e poñer en valor o traballo das mulleres que lideran e transforman o territorio.

Nesta edición participaron máis de 80 candidatas de toda Galicia, desde alcaldesas de pequenos concellos ata emprendedoras, profesionais do sector primario e comunicadoras. As nominacións de Eva Pérez Gamote e Eva Barrio reflicten a importancia do liderado feminino nun rural dinámico, innovador e con nome de muller.

A votación popular está aberta ata o 15 de febreiro a través da web oficial dos premios. As tres candidatas máis votadas de cada categoría pasarán á fase final, na que un xurado especializado elixirá ás gañadoras. A gala de entrega será o 20 de febreiro en San Xoán de Río, como acto central do Congreso da Muller Rural Galicia 2026.

Eva Pérez Gamote e Eva Barrio, finalistas na categoría de Alcaldesa Rural nos Premios...