Venres. 29.03.2024
260719 NP CONCELLO DE VERIN Playita
O aperitivo do grande día de hoxe tivo lugar na praia fluvial da vila, coa "Festa acuática". | FOTO: C. M.

Os verinenses, sobre todo os máis xóvenes, levan toda a mañá mirando cara o ceo por se os neboeiros rexistrados dende que amenceu son quen de augar a festa desta tarde. Aínda que semella que o tempo non acompañará, as previsións de choiva son prácticamente inexistentes, e todo fai indicar que non haberá pois impedimento algún para que cara as cinco da tarde arranque, na praza Maior da vila, o espectáculo que cada ano honra ao líquido elemento, coa animación musical a cargo de Discomóbil A Gramola.

previsionbatucadaPrevisións meteorolóxicas para esta tarde de sábado de Batucada. 

Ás 19,15 horas, comezará o “Desfile Pasarrúas da Batucada”, que sairá da Praza Maior e continuará pola Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, rematando no Pavillón dos Deportes de Verín. Este ano, contará coa presenza da batucada Trópico de Gelos (Santiago de Compostela) e da Charanga Támega. Ao remate do desfile, na Rúa Irmáns Moreno, Enjoy DiscoMóbil Jorge será a encargada da animación musical.

O prato  forte desta edición correrá a cargo de BAIUCA Live Band A/V Show, proxecto musical capitaneado por Alejandro Guillán, “Alex Casanova”, que xunta sons propios da tradición galega coa música electrónica máis vangardista. Baiuca é un proxecto moi persoal que tenta achegar a tradición galega á electrónica. Instrumentos como cunchas, frautas, gaitas ou voces tradicionais; asócianse con sintetizadores, caixas de ritmo e programacións. Unha mestura da sonoridade máis pura de proxectos como Luar na Lubre, Milladoiro, Carlos Núñez ou Treixadura coa perspectiva floktrónica Nicola Cruz, Four Tet, Satoro ou Nicolas Jaar, entre outros. O espectáculo terá lugar esta noite, ás 00,00 horas, na Praza García Barbón.

260719 NP CONCELLO DE VERIN batucada do venresA praia fluvial foi onte escenario da xa tamén tradicional festa acuática. | FOTO: C. M. 

A festa comezou onte cara as once da mañá co “Desfile da Ludoteca Especial Batucada”, para o que se escolleu a temática dos súper heroes e heroínas nun percorrido que arrancou no CEIP Amaro Refojo e transitou por Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Mercé, Rúa da Cruz e Praza García Barbón. Rematou a celebración matutina coa tradicional “Festa Infantil da Ludoteca”, ás 12,00 horas, no CEIP Amaro Refojo.

Pola tarde, de 16,30 a 20,30 horas, foi a quenda da “Festa Acuática na Praia fluvial” na que os cativos, e os que non o son tanto, disfrutaron xogando coa auga, contando, nesa ocasión, con animación musical, inchables de terra e auga. O Grupo Atenas pechou a xornada do venres cunha actuación na Praza García Barbón ás 00,00 horas.

Verín olla cara o ceo por se a auga da Batucada cae del