Venres. 29.03.2024
Cativada

Un total de 119 nenos e nenas participaron no desfile da Ludobatucada de Verín

Hoxe, venres 26 de xullo, deu comezo a Batucada 2019 coa celebración do desfile da Ludobatucada que organiza a Oficina Municipal Xuvenil do Concello de Verín. Un total de 119 cativos déronse cita ás 11:00 horas na Praza do Concello para lucir os disfraces de heroes e heroínas que levaban días preparando coa axuda dos monitores e monitoras.

O alcalde, Gerardo Seoane, e a concelleira de cultura, Emilia Somoza, recibían aos participantes antes do comezo do desfile. Ao son da Banda de Gaitas de Verín os nenos e as nenas recorreron as rúas Laureano Peláez, rúa Lisa e Praza Maior. A festa continuou despois no colexio Amaro Refojo.

Con esta actividade comezan dous días de festa en Verín. O prato forte será mañá, sábado 27, coa Festa da Auga e a Escuma, o desfile de batucadas e a actuación de Baiuca Live Band A/V Show.

Velaquí unha boa mostra en imaxes baixo o obxectivo de Carlos Montero.

190726DESFILE LUDOBATUCADA IMG_5577 CMZ-2
1 / 5

Os 119 nenos e nenas participantes foron recibidos polo alcalde na Praza do Concello.

190726DESFILE LUDOBATUCADA IMG_5592 CMZ-2
2 / 5

O desfile tamén contou coa música da Banda de Gaitas de Verín.

190726DESFILE LUDOBATUCADA IMG_5616 CMZ-2
3 / 5

Dous mini-batmans desfilando polas rúas da vila.

190726DESFILE LUDOBATUCADA IMG_5675 CMZ-2
4 / 5

A temática da Ludobatucada deste ano foron os heroes e as heroínas.

190726DESFILE LUDOBATUCADA IMG_5741 CMZ-2
5 / 5

Tres heroes mostrans os seus escudos na Praza García Barbón.

Un total de 119 nenos e nenas participaron no desfile da Ludobatucada de Verín