domingo. 19.07.2026
Terá lugar este venres co obxectivo de crear conciencia sobre a prevención de incendios forestais

Verín acolle a "Xornada escolar de loita contra o lume"

O incendio activo preto de Salgueira. | FOTO: Noelia Caseiro.
A xornada busca prender conciencia na cativada co obxectivo de educar na loita contra os lumes dende a infancia. | FOTO: Noelia Caseiro.

Preto de 150 escolares da comarca de Verín-Monterrei e dos municipios da Gudiña e da Mezquita van participar na primeira "Xornada escolar de loita contra o lume", organizada pola Consellería do Medio Rural mailo Diario do Támega, coa colaboración do Concello de Verín e das empresas Cabreiroá e Hortoverín. Unha xornada que non se podería realizar sen a implicación do persoal do Distrito Forestal XIV Verín-Viana.

O obxectivo desta primeira xornada educativa é prender conciencia na cativada sobre a loita contra o lume; dedicadas especialmente a escolares de 4º, 5º e 6º de primaria porque son a cidadanía do futuro e cobra vital importancia formar dende a infancia na prevención de incendios e nos riscos e consecuencias que supoñen non só para o medioambiente, tamén para a economía. Así, participará o alumnado dos colexios públicos dos dez municipios.

Logo poderán visitar a base aérea Oímbra-Verín. Alí farán un completo percorrido polas instalacións e participarán en talleres formativos para coñecer o funcionamento dos medios de extinción aérea; poderán subir á torre de control, ver de primeira man os avións e helicópteros ou coñecer os equipos de extinción de incendios: motobombas, brigadas, axentes e mesmo falarán con bombeiros forestais de Portugal. Ao longo de toda a xornada, Cabreiroá achegará augas para a cativada e a empresa local Hortoverín encargarase dun aperitivo saudable con froita.

Verín acolle a "Xornada escolar de loita contra o lume"