jueves. 25.04.2024
Naiara_primeiro nacemento Verín 2023
A pequena Naiara cos seus proxenitores e o persoal do Hospital de Verín.

Foi esta mesma madrugada do martes, día 3 de xaneiro, cando Naiara chegou para se converter no primeiro nacemento que ten lugar no paridoiro do Hospital Público de Verín no 2023. Cun peso de 3.230kg, a pequena Naiara naceu ás 2:33h da noite para poñer un gran sorriso na cara dos seus proxenitores. 

A nai, Gloria Mayoral Prol, de 40 anos, e o pai, José Rivero de Sousa, de 32 anos, non poden estar máis felices. Ambos viven en Verín. Imos ver como vén o 2023, pero sabemos que son moitos os nacementos que están por chegar no Hospital verinés niste ano. O paridoiro de Verín segue sendo necesario no hospital comarcal para dar servizo a quen quere ser nai sen ter que se desplazar ata Ourense.

NOTICIAS VERÍN | Primeiro nacemento do 2023 no Hospital de Verín