Venres. 29.03.2024
Cartel informativo sobre as actividades de AECC en Verín.
Cartel informativo sobre as actividades de AECC en Verín.

A Asociación Española contra o Cancro (AECC) retoma as actividades na súa delegación de Verín con tres iniciativas que se levarán a cabo cada semana. A primeira delas é un obradoiro de iniciación ao gancho que terá lugar os luns ás 16:30 horas. Outra das citas será o grupo de apoio para pacientes oncolóxicos que se reunirá todos os mércores ás 16:30 horas.

A última actividade é un taller de "higia confort", na que se combinarán exercicios de ioga, pilates e mobilidade para pacientes oncolóxicos, que se levará a cabo os martes e xoves ás 12:00 horas.

Este obradoiro desenvólvese grazas á colaboración de AECC co centro Higia de Verín, empresa que ofrece servizos de deporte beneficiosos para a saúde, despois de que firmasen un acordo o pasado mes de setembro. Neste caso, os grupos estarán formados por un mínimo de tres persoas e un máximo de dez e todas terán unha sesión inicial de proba para adaptar as clases a cada perfil.

 

Para participar en calquera destas actividades precísase dunha inscrición previa que se poderá facer a través do número 685 728 039 ou no correo electrónico [email protected].

NOTICIAS VERÍN | AECC retoma os talleres que organiza na vila con catro citas semanais