viernes. 26.04.2024
Germán Rodríguez-Saá e Iago Padrón firmaron un convenio de colaboración.
Germán Rodríguez-Saá e Iago Padrón firmaron un convenio de colaboración.

A Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Ourense firmou un convenio de colaboración co centro Higia, unha empresa verinesa que ofrece servizos de deporte beneficiosos para a saúde. Esta unión permitirá que os pacientes oncolóxicos avaliados e derivados en Verín, teñan a oportunidade de obter os servizos de Higia de xeito gratuíto.

Germán Rodríguez Saá, presidente de AECC en Ourense; e Iago Padrón, xerente de Higia, selaron esta unión en beneficio dos enfermos de cancro. As clases que se lles ofrecerán serán de "higia confort", unha actividade que combina exercicios de pilates terapéutico, estiramentos, mobilidade articular e relaxación.

Os pacientes poderán ir dúas horas á semana durante un ano, en grupos de mínimo tres persoas e máximo dez. Higia ofrecerá unha sesión inicial para cada un deles para adaptar as clases ás necesidades de cada un polo seu estado físico e as súas limitacións. Rodríguez-Saá agradeceu ó centro Higia "su generosidad en favor de los pacientes de la asociación".

NOTICIAS VERÍN | AECC e o centro Higia únense para coidar dos pacientes oncolóxicos