viernes. 26.04.2024
Exmembro do colexio La Salle participaron na entronización da figura de San Juan Bautista de La Salle na igrexa de Verín.
Exmembros do colexio La Salle participaron na entronización da figura de San Juan Bautista de La Salle na igrexa de Verín.

A igrexa Santa María de Verín acolleu onte un acto en homenaxe a San Juan Bautista de La Salle, fundador do Colexio San José dos Irmáns La Salle. Exalumnos deste centro, que estivo activo por máis de 70 anos ata o 1968, rendéronlle un tributo coa entronización dunha talla de quen é o patrono dos mestres cristiáns e creador dos Irmáns das Escolas Cristiás.

A idea que xurdiu no 2019, proposta polo párroco da vila, Don Óscar, á Asociación Amigos de La Salle, culminouse onte coa colocación da estatua na igrexa verinesa nunha misa. A eucaristía estivo presidida por Don Óscar e concelebrouna o Comendador da Mercé, o Padre Orencio. Ademais, asistiron o Irmán Visitador dos Irmáns das Escolas Cristiás e dous representantes da comunidade de Santiago.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, tampouco se perdeu este solemne acto de homenaxe ao impulsor dun centro que foi un piar educativo durante moitas décadas na vila. O coro parroquial cantou neste solemne acto no que os asistentes levaron unha estampa coa figura de San Juan Bautista de La Salle instalada na igrexa verinesa, acompañada dunha oración.

Deste xeito, a comunidade do La Salle de Verín homenaxeou ó fundador do colexio e tamén agradeceulle todo o labor educativo que permitiu levar a cabo no século pasado en Verín.

Estampa da figura de San Juan Bautista de La Salle que se entregou onte na igrexa de Santa María de Verín.
Estampa da figura de San Juan Bautista de La Salle que se entregou onte na igrexa de Santa María de Verín.

NOTICIAS VERÍN | A escultura do fundador do colexio La Salle xa loce na igrexia de Verín