
Tal e como lles adiantou Diario do Támega o pasado mes de agosto, regresan as Xornadas de Novela Histórica á Biblioteca Municipal. Será os vindeiros 1 e 2 de outubro, baixo o título 'Mulleres na historia' e coa presenza de escritoras de primeiro nivel nacional.
O programa das IV Xornadas de Novela Histórica.
"Un ano máis Verín converterase no epicentro da novela histórica grazas ao gran traballo realizado dende a Biblioteca", salientou a concelleira de Cultura, Emilia Somoza. Despois deste parón obrigado pola pandemia, o Concello retoma con forza a axenda cultural "coa finalidade de converter a vila nun referente no eido cultural e de lecer, con eventos de gran calidade como o FIC Vía XIV ou a novidosa Festa da Cervexa en outubro", engadiu.
Para acudir ao evento é preciso dispoñer de entrada que se pode adquirir, de xeito gratuíto, en ataquilla.com.
O programa
- Venres, 1 de outubro:
11:00h: Presentación.
11:05h: Intervención musical de Lourdes Olbés
11:10h: Rosario Raro, José Calvo Poyato y José Luis Corral: Seminario “Mujeres en la historia y como escribir novela histórica”, dirixido aos centros de ensino.
12:15h: Intervención musical de Lourdes Olbés.
19:00h: Inauguración
19:05h: Intervención musical de Lourdes Olbés.
19:10h: Rosario Raro: “De La huella de una carta a Desaparecida en Siboney: mujeres protagonistas en mis novelas”.
19:55h: Intervención musical de Lourdes Olbés.
20:00h: Eva Díaz: “Escribir novelas históricas desde la perspectiva femenina”.
20:45h: Intervención musical de Lourdes Olbés.
20:50h: Sinatura de libros.
- Sábado 2 de outubro
18:30h: Intervención musical de Lourdes Olbés.
18:35h: María Vila: “Mujeres piratas en el siglo XVI”.
19,15h: María Solar: “Los niños de la viruela. La mayor expedición filantrópica de la historia de la humanidad”.
19:55h: Intervención musical de Lourdes Olbés
20:00h: Luz Gabás: “Las mujeres en mis novelas: De “Palmeras en la nieve” a “El latido de la tierra”.
20:45h: Intervención musical de Lourdes Olbés.
20:50h: Clausura e sinatura de libros.