venres 17/09/21
"Mulleres na historia", con escritoras de primeiro nivel nacional

NOTICIAS VERÍN | Regresan as xornadas de novela histórica á Biblioteca Municipal

O escritor Javier Sierra nas xornadas de Novela Histórica, na Biblioteca de Verín.
O escritor Javier Sierra nas xornadas de Novela Histórica, na Biblioteca de Verín.

Os vindeiros 1 e 2 de outubro, a Biblioteca Municipal de Verín organiza as que serán as súas IV Xornadas de Novela Histórica. Baixo o título “Mulleres na Historia”, contará con escritoras nacionais de primeiro nivel, como Luz Gabás, autora da aclamada novela “Palmeras en la nieve” ou María Solar, xornalista e coordinadora dos programas culturais da CRTVG e autora -entre outras- da novela  “Os nenos da varíola”.

Tamén Rosario Raro, que realizará un seminario para o alumnado dos centros de Verín sobre a muller na historia e da escritura de novela e impartirá unha conferencia sobre as mulleres nas súas novelas; Eva Díaz Pérez, directora do Centro Andaluz das Letras e autora de numerosas novelas históricas, que disertará sobre como escribir novelas históricas dende a perspectiva feminina e María Vila, que impartirá a conferencia sobre “Mulleres piratas no século XVI”.

As xornadas estarán coordinadas por José Luís Corral e José Calvo Poyato, autores de multitude de novelas históricas e considerados dos máis grandes no xénero. Así mesmo contarán co acompañamento musical de Lourdes Olbés, violinista galega de primeiro nivel.

Máis información sobre estas xornadas na páxina web da Biblioteca.

NOTICIAS VERÍN | Regresan as xornadas de novela histórica á Biblioteca Municipal
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade