viernes. 26.04.2024
Recreación de Xeitura no Castelo de Monterrei.
Recreación de Xeitura no Castelo de Monterrei.

A romaría de Val do Viño no Santuario dos Remedios simulará unha volta ó pasado. Dan man de Xeitura Patrimonial, os asistentes veranse inmersos noutros tempos das festas do santuario de Vilamaior.

Dentro das actividades deste domingo, ás 12:45 horas, haberá unha dramatización histórica a cargo de Xeitura. Para conseguilo da forma máis realista posible, os membros do equipo levan días investigando sobre o pasado a través de arquivos e das testemuñas dos veciños de Vilamaior.

Begoña Garrido e Noemí Álvarez forman parte dese equipo investigador que protexerá a historia deste santuario. “Temos encargado este pequeño proxecto para o 3 de xullo e agardamos que sexa a semente doutro máis grande”, sinala Garrido.

 

Nestas últimas semanas reuníronse con veciños de Vilamaior e revisaron tamén os arquivos donde se garda información sobre a romaría para protexer ese patrimonio cultural. “Mergullámonos nesa información para atopar datos que non se encontran na memoria local”, engade.

Álvarez, quen é historiadora do arte, será a encargada de explicar ós asistentes a historia artística do santuario e da romaría dun xeito especial. Faráo caracterizada doutra época e seguro que desperta a nostalxia de moitos veciños da contorna. Para logralo, entrevistaron á xente de Vilamaior que máis sabe porque é a “historia viva”. “Son os guardiáns dese patrimonio inmaterial que se está a perder”, destaca Garrido.

Na traxectoria de Xeitura xa se atopan dramatizacións nas visitas de espazos como o Castelo de Monterrei ou no Arquivo Histórico de Ourense.

NOTICIAS VERÍN | Xeitura recreará a antiga romaría dos Remedios este domingo