martes. 07.05.2024
O festexo terá lugar os días 13 e 14 de outubro na carpa situada na Preguiza. | FOTO: Iván Iglesias.

A pesar do grande éxito da pasada edición, iste ano a Festa da Cervexa de Verín suprime un día na súa programación e celebrarase, somentes, durante dúas xornadas: venres 13 e sábado 14 de outubro.

A carpa que o a organización ubica na Preguiza acollía o ano pasado a máis de 7.000 persoas dispostas a degustar as distintas variedades de cervexa que se ofrecían, ademais da diversidade gastronómica, e a gozar das actuacións musicais programadas. 

Éxito de público durante a Festa da Cervexa do 2022.

A pesar de reducir a súa duración, a III Festa da Cervexa de Verín volverá ofrecer ós amantes da birra múltiples variedades de cervexas nacionais e de importación e gastronomía típica de Galicia e de Alemaña. Como cada ano, o Concello de Verín programará actuacións musicais de primeiro nivel, inda non anunciadas. 

A carpa da Festa da Cervexa abrirá o venres, día 13, ás 19:00 horas para comezar unha "tirada de cañas" que continuará ata a 1:00h da madrugada. Durante a xornada do sábado, o espazo permanecerá aberto de 12:00 a 16:30 horas e, xa na tarde, dende as 19:30h á 1:30h da noite.

NOTICIAS VERÍN | A III Festa da Cervexa reduce un día a celebración