viernes. 26.04.2024
Preocupa a situación no barrio da Cruz Vermella pola proximidade das lapas. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Preocupa a situación no barrio da Cruz Vermella pola proximidade das lapas. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

A situación de emerxencia continúa en Verín, especialmente no barrio da Cruz Vermella. O avance das lapas preocupa pola proximidade a un almacén de butano que está preto do lugar. As vivendas tamén se encontran en grave risco nestes intres a causa do lume. A gasolinera da Cruz Vermella xa foi desaloxada como medida preventiva polas autoridades, ao igual que algún veciños ao que se lles pediu que abandonasen os seus fogares.

 

A autovía da A-52 tamén se está a ver afectada polo incendio de Verín. No quilómetro 157 interrumpiuse o tráfico.

A gasolinera da Cruz Vermella, vacía tras o desaloxo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
A gasolinera da Cruz Vermella, vacía tras o desaloxo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

 

NOTICIAS VERÍN | As lapas ameazan a un almacén de butano de Verín