
Lara Blanco
17:34 do 3 de agosto de 2022
A Consellería de Medio Rural lanza unha mensaxe a través das redes na que piden colaboración cidadá ante a visible intencionalidade dos lumes que cercan Verín. A través dun texto publicado en Twitter, solicita que calquera que teña algunha sospeita sobre un posible responsable contacte con eles no 900 815 085. A chamada é totalmente gratuíta e a denuncia anónima.
Agora mesmo: tres focos de lume ao lado das vivendas en Verín, con 40º de temperatura e cambios de vento. Un lume totalmente intencionado, buscando facer o maior dano posible ás persoas e bens. Se tes calquera sospeita, denuncia de xeito anónimo e gratuíto no 900.815.085 pic.twitter.com/FexlCUA8jE
— incendios 085 (@incendios085) August 3, 2022