martes. 23.04.2024
A D.O. Monterrei obtivo 11 distincións nun concurso da Asociación de Sumilleres de Galicia.
A D.O. Monterrei obtivo 11 distincións nun concurso da Asociación de Sumilleres de Galicia "Gallaecia".

A D.O. Monterrei está de noraboa despois de que a Asociación de Sumilleres de Galicia "Gallaecia" lle concedese 11 distincións aos seus viños na última edición celebrada do seu concurso. En concreto, seis brancos e cinco tintos recibiron unha Distinción Gallaecia dos 53 viños que participaron no certame.

A presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Lara Da Silva, quixo felicitar ás adegas "que conseguiron estes recoñecementos, porque demostra o gran labor que están a realizar ao longo dos últimos anos". O pasado 3 de agosto, catadores da asociación estiveron en Verín para poder degustar os viños que participaron no concurso.

 

Os brancos premiados coa Distinción Gallaecia 2022 foron Crego e Monaguillo Godello 2021 (Crego e Monaguillo), Crego e Monaguillo Treixadura & Albariño 2020 (Crego e Monaguillo), Ladairo Colección de Familia Godello – Treixadura 2021 (Bodega Ladairo), Pepa Porter Godello 2021 (Terrae Monterrei), Quinta do Buble Godello 2021 (Quinta do Buble) e Valderello Godello 2021 (José Luis Gómez Ibáñez).

Por outra banda, os tintos recoñecidos foron Fanrela Mencía – Araúxa – Sousón 2020 (Manuel Vázquez Losada), Ladairo Barrica Mencía – Araúxa 2019 (Bodega Ladairo), Lobarzán Isaura Mencía – Araúxa – Bastardo 2020 (Castro de Lobarzán), Pazo de Monterrey Mencía 2020 (Bodega Pazos del Rey) e Vía Arxéntea Barrica Mencía 2020 (Manuel Guerra Justo).

NOTICIAS VERÍN | A D.O. Monterrei recibe 11 Distincións Gallaecia polos seus viños