Xoves. 28.03.2024
Os catadores da Asociación Galleacia que visitaron a sede da D.O. Monterrei para degustar os seus viños.
Os catadores da Asociación Galleacia que visitaron a sede da D.O. Monterrei para degustar os seus viños.

A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei recibiu a visita de 12 catadores da Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia. Esta ducia de profesionais tiveron a oportunidade de degustar 53 viños de Monterrei, 30 brancos e 23 tintos.

Natalia Cid, vicepresidenta de Gallaecia, valorou os viños catados polos equipo, manifestando que encontraron "una añada buena". No caso dos brancos apreciaron "una marcada prontitud en la vendimia", polo que os viños adquiriron "un carácter más vegetal" ao verse condicionados pola climatoloxía. "Son unos vinos con mucha frescura, dando notas vegetales y florales. En boca reflejan muy bien el terreno, encontrándonos con unos vinos más minerales y equilibrando la acidez y frescura”, engadiu Cid sobre os brancos.

No caso dos tintos, destacou que se atoparon cuns viños "un poco más frutales, sin dejar su mineralidad en boca y fresca complejidad que hace de ellos unos vinos ideales, tanto para degustar en este momento como para dentro de un par de años, pues vemos una buenísima evolución en vinos de añadas anteriores”.

Os equipo de catadores estivo formado por Natalia Cid, Pedro T. Sestayo (presidente de Gallaecia), Alberto Ruíz (catador do restaurante Arbidel con estela Michelín), Juan A. Gómez (catador da Asociación de Sumilleres de Zamora), Noah Chichester, Javier Facal (catador grupo A Mundiña), Jacobo Domínguez (Distribuciones M&D.S.C.), Alejandro Paadín (coautor Guía de Vinos de Galicia), Xabier Barcala (catador de Gallaecia), Pablo Fernández, (catador), Santiago Castro (director técnico da D. O. Toro) e Isidro Rodríguez (socio da Asociación de Sumilleres de Zamora).

A cata serviu para evaluar os viños da comarca de cara a realizar unha rolda clasificatoria da que resultarán os galardoados coas "Distinciones Gallaecia 2022", pero tamén para elaborar a “Guía Luis Paadín de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2023”.

NOTICIAS VERÍN | Os catadores da Asociación Gallaecia valoran os viños de Monterrei