sábado. 20.04.2024
O conselleiro, Julio García Comesaña, no centro, presentando o proxecto de ampliación das urxencias do hospital. | FOTO: M. D.

Xa están en marcha as melloras do centro hospitalario de Verín. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña no propio hospital comarcal esta mañá. 

A ampliación do centro suporá unha mellora de acceso ás urxencias, situándoas na planta baixa onde actualmente se atopa o aparcadoiro. O novo edificio vai albergar tamén o PAC (Punto de atención continuada), con varias consultas comunicadas entre si, incluída unha sala Covid aillada do resto de salas.

undefinedO arquitecto do proxecto e o conselleiro de Sanidade, cos planos do novo hospital. | FOTO: M. D.

Este proxecto, que actualmente se atopa a espera de licitación final, prevista a curto prazo, dotará dunha mellor funcionalidade o servizo sanitario da zona, mellorando a asistencia ao paciente e o uso das instalacións. Tamén se busca a eficiencia enerxética coa instalación de paneis fotovoltaicos e o cambio do illamento térmico da cuberta.

Todas estas obras previstas abarcarán unha superficie de arredor de 1.500 metros cadrados e contarán cun investimento de 2,4 millóns de euros.

O conselleiro estivo acompañado por varias personalidades, como o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández ou o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Félix Rubial. Tamén participaron na presentación do novo bloque de Urxencias o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén ou a directora do distrito sanitario verinense, Guillermina Agulla Budiño

 

Expediente ao doutor Castrillo

O conselleiro de Sanidade tamén explicou a situación actual do expediente aberto ao xefe de xinecoloxía do hospital de Verín, Javier Castrillo.
 

NOTICIAS VERÍN | O conselleiro de Sanidade presenta en Verín o proxecto das novas...