Xoves. 28.03.2024

Verín

VÍDEO | Presentación do proxecto das novas Urxencias do Hospital de Verín

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña anunciou en Verín a construción dun novo edificio de urxencias do centro hospitalario da zona. Atoparase na planta baixa, no que agora é o aparcadoiro, para mellorar a accesibilidade e a atención aos pacientes. Tamén albergará o Punto de Atención Continuada (PAC) e unha sala Covid-19 aillada do resto.

O proxecto, que xa está en marcha á espera de licitación, contará cun investimento de 2,4 millóns de euros.

 

Comentarios
VÍDEO | Presentación do proxecto das novas Urxencias do Hospital de Verín