Xoves. 28.03.2024
manifamaiores
Numerosos veciños concéntranse contra a perda de servizos no Hospital de Verín.

Nunca imaxinou Sergio del Molino que o seu libro La España vacía acabaría sendo o punto de partida da unión de centos de plataformas que defenden a mobilización do rural fronte ao paulatino despoboamento e á sistemática eliminación de servizos que as distintas administracións exercen nos territorios rurais alegando o "enorme custo económico" que supón manter servicios básicos para a poboación en territorios non urbáns.

Ista mañá celebrouse a concentración semanal dos traballadores e traballadoras do Hospital de Verín ás portas do centro. Levan tempo loitando por manter os servizos do noso hospital comarcal, fronte ás continuas carencias que vimos sufrindo os veciños da bisbarra no eido da Sanidade Pública. Quedamos sen Dermatoloxía, non hai pediatra que atenda os partos e hai que ir a Ourense -como hai 30 anos-, por non falar das longas listas de espera.

A eles uníronselles centos de veciños e veciñas fartos de perder servizos. A concentración en defensa dunha mellor Sanidade Pública no Hospital de Verín coincide co parón reivindicativo Revuelta de la EspañaVACIADA, a unión de entidades que loitan en toda España fronte ó lento e silencioso baleiro que vén acompañando ó mundo rural dende os anos 70.

O día de hoxe foi elexido por máis de 120 entidades que defenden os dereitos do mundo rural en toda España para facer un parón reivindicativo de cinco minutos ás 12,00 horas e lembrar a necesidade de crear un Pacto Nacional que faga fronte ás desigualdades territoriais. Na bisbarra, as entidades FemuroC.D.R. Portas Abertas e a Os Asociación Tres Reinos participaron no parón reivindicando accións políticas reais e inmediatas para frear a perda de servizos e o despoboamento que vivimos na contorna.

Por orde de aparición, Tamara, Montse e Beatriz, de CDR Portas Abertas; Ana, de Femuro (Federación de mulleres rurais de Ourense), e as representantes da Asociación Os Tres Reinos de A Mezquita (Soraya, Belén, María Jesús, Ana María e Cristina).

REVOLTA DA "ESPAÑA VACIADA"

Fica no aire que foi primeiro, o ovo ou a galiña? A falta de servizos básicos provoca o abandono do rural cara a concentración da poboación en cidades e vilas? Ou, o desprazamento da poboación dende o rural cara ás urbes provoca o peche de servizos básicos? A dispersión territorial é un factor negativo ou é, realmente, parte da identidade de Galicia? O debate do despoboamento do rural e das súas causas afecta a todo o territorio español. Quen non coñece #TeruelExiste?

Cando no 2016 Sergio del Molino publicou o seu ensaio histórico La España vacía, pretendía facer unha viaxe biográfica, histórica e sentimental pola España baleira, pondo de manifesto o desigual reparto da poboación. O que acadou, ademais do éxito do seu libro, foi remover conciencias e animar a moitas persoas a loitar pola súa identidade e polo seu pobo, a defender os seus dereitos sen ter en conta onde viven.

A unión fai a forza, e moitas das asociaciones e entidades que xa traballaban en prol da defensa do seu territorio e en contra do abandono do rural, acabáronse unindo, en marzo diste ano, nunha gran manifestación que tivo lugar en Madrid baixo o lema La España Vaciada. A convocatoria naceu de entidades ben coñecidas como Teruel Existe e Soria ¡Ya!, e a elas uníronse daquela 80 entidades máis. Milleiros de persoas manifestáronse en Madrid para reivindicar "igualdade, vertebración, equilibrio territorial e medidas contra o despoboamento".

O éxito daquela convocatoria foi o precedente para a celebración do parón reivindicativo organizado para hoxe baixo o lema Revuelta de la EspañaVACIADA; un parón que quere por de manifesto a fartura de moitas persoas que sofren a perda de servizos froito dun desequilibrio territorial que afoga o mundo rural propiciando o seu abandono. 

A "España Vaciada" chega a Verín