viernes. 19.04.2024
¿Qué sabemos de los test de seroprevalencia para el COVID-19?
Test de antígenos, de resultado negativo.

Hai só unhas horas que destacabamos os datos que reflectía o cribado do pasado martes, cunha positividade do 23,77%. É dicir, 29 test positivos dun total de 122. No caso de hoxe a cifra redonda de 100 test feitos fai doado o cálculo da positividade tendo 21 probas de antíxenos que detectaron a un doente de Covid-19. Isto é un 21% da positividade.

Isto quere dicir que os cribados que se están a facer esta semana no Hospital Comarcal da nosa vila duplican a positividade do conxunto da provincia de Ourense. Cun total de 830 test feitos nos puntos fixos de cribado o resultado foi de 89 positivos, isto reflicte un 10,72% de positividade na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Trátase dun dato que leva días baixando marcando así a chegada ao pico da curva de contaxios que se deixa ver, non só na nosa área sanitaria senón en toda Galicia.

CORONAVIRUS VERÍN | A positividade non baixa do 20% en Verín