viernes. 26.04.2024
Gabriel Rodríguez, en el cribado de esta tarde en Viana do Bolo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Gabriel Rodríguez, en el cribado de esta tarde en Viana do Bolo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras habilitou puntos de cribado por toda a provincia que están a ter unha boa acollida por parte dos cidadáns. Unha cifra interesante que xurde destas probas de diagnose a grande escala serve para ver a evolución da pandemia, trátase da positividade. É dicir, a porcentaxe de test que dan positivo. Canto maior o dato maior a dispersión do virus.

Neste caso destaca a cifra que deixa o cribado feito no Hospital Comarcal de Verín na xornada de onte. Dun total de 122 probas, 29 marcaron positivo. Isto é unha porcentaxe dun 23,77% de positividade, o máis alto da provincia este martes.

Na Casa da Xunventude de Ourense fixéronse 405 test e 43 deron positivo, dando como resultado un 10,61%. O resto dos puntos de cribado, en Valdeorras e nas distintas cabeceiras comarcais escollidas, rexistran tamén unha positividade á baixa. No conxunto da Área Sanitaria (coincidente en territorio coa propia provincia) a porcentaxe é dun esperanzador 8,90%.

Os puntos de cribado de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras seguirán activos ata o venres desta semana en horario de tarde. Aínda que é previsible que se estendan no tempo.

CORONAVIRUS VERÍN | O cribado de Verín, o de maior positividade da provincia