jueves. 18.04.2024
Algúns usuarios do centro coas traballadoras.
Algunhas das usuarias do centro coas traballadoras.

O centro de día Raiola de Verín cumpre hoxe dous anos desde a súa apertura. Para festexar este segundo aniversario, realizaron unha pequena e íntima celebración cos seus usuarios, pois “as circunstancias non permiten festexalo doutro xeito”, sinala a dirección.

As traballadoras da entidade decoraron as instalacións para a ocasión. Os seus maiores puderon, ademais, gozar dunha actuación especial dalgúns compoñentes da banda de gaitas verinense Nova Era; que interpretaron unhas pezas dende a beirarrúa, e que os usuarios escoitaron e bailaron dende o interior coas xanelas abertas.

 

A dirección destaca que foron dous anos “complexos”, pois ademais de seren os primeiros, tiveron “a dificultade engadida da pandemia, que situou aos nosos maiores nunha situación de extremo risco”. Lembran tamén o peche das instalacións decretado pola Xunta durante meses, que obrigou ás familias e á dirección da entidade a reivindicar a reapertura. “Aínda que tarde, conseguimos que recoñeceran aos centros de día coma un servizo esencial, cuxo peche estaba a causar estragos na saúde dos nosos maiores”, afirma o responsable de comunicación, Iván Olmos.

WhatsApp Image 2021-04-08 at 16.02.55Algúns dos usuarios da entidade, antes de dar conta dunhas bicas de chocolate.

Sen gromos no interior en ningunha das ondas da pandemia

Malia todas as dificultades, Raiola logrou superar as tres ondas da pandemia sen rexistrar ningún gromo entre os seus maiores, e sen que se producira nin un só contaxio no interior das instalacións. A directora da entidade, Chelo Ferreiro, agradeceu a todas as traballadoras, ás familias e aos usuarios “o esforzo realizado durante todos estes meses tan duros”. “Foron dous anos complicados pero ilusionantes”, sinalou. Coa vacinación de todo o persoal e de boa parte dos maiores do centro, toda a familia de Raiola agarda que este terceiro ano de vida que comeza agora sexa próspero e frutífero.

WhatsApp Image 2021-04-08 at 16.03.09Compoñentes da banda de gaitas verinense Nova Era -Sabela, Álex (gaita), David (tambor), Toné (bombo)-, coa directora do centro, Chelo Ferreiro. | FOTO: M. Ceballos. 

Raiola, de festa polo seu segundo ano de vida