viernes. 19.04.2024
Columnas de fume nos montes entre Vilar de Cervos e Feces de Cima. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Columnas de fume nos montes entre Vilar de Cervos e Feces de Cima. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

A Consellería de Medio Rural acaba de actualizar a nova superficie afectada polo lume que na tarde do luns cruzou a fronteira de Portugal, atacando ás localidades de Rabal, en Oímbra, e Mandín, en Verín. A nova estimación fala dunhas 1.800 hectáreas arrasadas polas lapas en dous días.

 

Nesta madrugada desactivouse a situación 2 de emerxencia que se decretou onte para este incendio, dada a proxmidade ao núcleo de poboación de Feces de Cima, en Verín. A tarde de onte foi complicada para os servizos de extinción polo forte vento, pero lograron evitar unha nova suma de danos materiais.

 

Os medios de extinción tentan de frear os avances evitando os núcleos de poboación. Nas tarefas interveñen 3 técnicos, 10 axentes, 31 brigadas, 23 motobombas, 1 pa, 8 avións e 3 helicópteros.

A situación tampouco mellora en Vilariño de Conso, onde o incendio que destruiu parte do Parque Natural do Invernadeiro, xa calcinou 4.00 hectáreas desde o venres. Nestes momentos, o lume avanza fóra do espazo protexido

NOTICIAS VERÍN | O lume de Rabal e Mandín xa destruiu case 2.000 hectáreas de monte