sábado. 20.04.2024
O lume avanza polo Parque Natural do Invernadeiro. | FOTO: Asociación de Trabajadores de las Brif.
O lume avanza polo Parque Natural do Invernadeiro. | FOTO: Asociación de Trabajadores de las Brif.

O Parque Natural do Invernadeiro, en Vilariño de Conso, deixa atrás unha paisaxe verde por unha negra, calcinada. Este espazo protexido viu como se destruía nos últimos catro días a metade da súa superficie. As estimacións de Medio Rural falan de 2.650 hectáreas arrasadas e arestora continúa activo no seu avance.

Na pasada noite, as tarefas de extinción concentráronse principalmente na protección do núcleo de Pradoalbar. As lapas recorrían as altas montañas en dirección a dita población e os esforzos dos medios que traballaron sobre o terreo evitaron que se tivese que declarar o nivel 2 de emerxencia.

 

A Brif de Laza atópase desprazada en Vilariño, onde traballan desde o venres na extinción deste lume, que non está a ser sinxelo. En total, os medios dispoñibles son 2 técnicos, 17 axentes, 48 brigadas, 19 motobombas, 4 pas, 4 avións e 9 helicópteros.

NOTICIAS VERÍN | As lapas destrúen a metade do Parque Natural do Invernadeiro