Venres. 29.03.2024
Cribado de Vilardevós.
Cribado de Vilardevós.

O concello de Vilardevós pasa ó nivel alto de restriccións, polo que deixará de estar pechado perimetralmente e permitirase que a hostalaría abra as súas terrazas.

No caso da Mezquita, ó estar no nivel máis baixo, o cambio a destacar e a ampliación dos aforos en bares e restaurantes.  

Restriccións en Vilardevós, nivel alto:

  • Mobilidade permitida por toda a comunidade excepto ós concellos que se atopen en nivel máximo.
  • Prohibidas as reunións de non conviventes nos domicilios.
  • Máximo de seis non conviventes en espazos ó aire libre e de catro en interiores. 
  • Hostalaría aberta ata as 21.00 horas cun aforo do 50% en terraza.

Restriccións na Mezquita, nivel baixo:

  • Mobilidade permitida por toda a comunidade excepto ós concellos que se atopen en nivel máximo.
  • Prohibidas as reunións de non conviventes nos domicilios.
  • Máximo de seis non conviventes en espazos ó aire libre e de catro en interiores. 
  • Hostalaría aberta ata as 21.00 horas cun aforo do 50% no interior e do 75% en terrazas. 

Ditas medidas, que entrarán en vigor este venres, foron determinadas polo comité clínico encargado de analizar a situación da COVID-19 en Galicia, tras reunirse hoxe pola tarde. 

CORONAVIRUS VERÍN | Vilardevós deixa de estar pechado perimetralmente e os bares da...