mércores 20/10/21
Este domingo percorrerán a terceira etapa da andaina, entre Trasmiras e Allariz

As Mulleres Rurais de Vilardevós poñen en valor o Camiño de Santiago, neste Ano Santo

Capela de San Roque, Vilardevós | Foto: Asoc. Mulleres Rurais de Vilardevós
Capela de San Roque, Vilardevós | Foto: Asoc. Mulleres Rurais de Vilardevós

Chova ou non, as Mulleres Rurais de Vilardevós iniciarán a terceira etapa do Camiño de Santiago, camiñando a ruta que as levará dende Trasmiras a Allariz, este domingo 9 de maio.

A iniciativa, que partiu da Asociación de Mulleres Rurais do Concello de Vilardevós, coa colaboración do Concello de Vilardevós, a mais de empresas privadas como Cabreiroá -que proporciona o avituallamiento líquido para o camiño-, conta coa participación (a data de hoxe) de 27 persoas.

A finalidade desta andaina é triple. En primeiro lugar, a posta en valor do Camiño de Santiago (máxime cuando este ano é Xacobeo); en segundo lugar, o reclamar unha sinalización adecuada e suficiente, especialmente nalgúns tramos do camiño (tramo Sixirei - Bemposta), onde esta é inexistente ou se atopa moi deteriorada; e en terceiro lugar, instar o recoñecemento dos tramos do camiño que non están oficialmente recoñecidos. 

A iniciativa -aberta a todas as socias- pretende percorrer en 9 etapas o Camiño de Santiago dende Vilardevós ata a propia cidade de Santiago de Compostela. Farán o percorrido completo -as nove etapas- 27 persoas, entre socias e acompañantes, dos cales 3 son homes. Está previsto que as persoas con problemas de movillidade teñan a posibilidade de facer únicamente a última etapa, ou incluso só os últimos kilómetros.

Ao longo de todas as etapas disporase dun guía oficial cada oito persoas, seguindo escrupulosamente as medidas a implementar por mor da normativa Covid.

Este domingo, a terceira etapa

A etapa deste domingo percorrerá o Camiño de Santiago dende Trasmiras ata Allariz, cunha lonxitude total de ruta de 27 kilómetros.

Tras una etapa dura o domingo pasado -Verin - Trasmiras, cruzando as Estivadas-, este domingo as mulleres rurais de Vilardevós están preparadas para emprender a andaina, incluso a pesar dos partes de tempo desfavorable.

Seguintes etapas

Cuarta etapa: Allariz - Ourense, 23 Km, o 16 de maio.

Quinta etapa: Ourense - Cea, 24 Km, o 23 de maio.

Sexta etapa: Cea -Dozón, 22 Km, o 30 de maio.

Septima etapa: Dozón - Silleda, 26 Km, o 6 de xuño.

Oitava etapa: Silleda - Ponte Ulla, 21 Km, o 13 de xuño.

Novena etapa: Ponte Ulla - Santiago, 21 Km, o 20 e xuño.

As Mulleres Rurais de Vilardevós poñen en valor o Camiño de Santiago, neste Ano Santo
comentarios