viernes. 26.04.2024
Intervención da Brif Laza no incnedio de Vilariño de Conso. | FOTO: Brif Laza.
Intervención da Brif de Laza no incendio de Vilariño de Conso. | FOTO: Brif de Laza.

A vaga de calor que asola a toda a provincia trouxo consigo o lume aos montes ourensáns. Na pasada noite foron detectados varios incendios na provincia. Ao da Xironda, en Cualedro, que se extinguiu nesta tarde con 31 hectáreas calcinadas, sumóuselle o de Carballeda de Valdeorras, con 500 hectáreas arrasadas, segundo as actualizacións da Consellería de Medio Rural. Nas primeiras horas da mañá detectouse un novo lume no Parque Natural do Invernadeiro, en Vilariño, no que xa arderon 70 hectáreas dun espazo natural protexido de difícil acceso para os medios de extinción.

 

A Brif de Laza mobilizouse nas últimas horas para atallar as chamas en Vilariño de Conso, concretamente na parroquia de Pradoalbar onde se deu o aviso en torno ás 6:57 horas da mañá. Ademais da intervención da Brif, tamén traballan na extinción 1 axente, 5 brigadas, 2 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

O lume arrasa con 70 hectáreas do Parque Natural do Invernadeiro en Vilariño