
14:17 do 23 de marzo de 2021
A día de hoxe Verín conta con once positivos de COVID-19, convertíndose así no municipio con máis casos da bisbarra, seguido por Vilardevós, que actualmente ten sete.
Este último sufriu unha baixada con respecto á semana anterior, polo que se agarda que entre no nivel máis baixo de restriccións, igual que os demais concellos da comarca.
Oímbra tamén ingresa no grupo dos cero casos
Este municipio súmase a Castrelo do Val, Riós e Laza, que levan sen casos activos varios días, mentres que Monterrei e Cualedro seguen contanto con un positivo. Aínda así, son moi bos datos para estes concellos, xa que se pode dicir que están practicamente libres do virus polo momento.