
O vindeiro martes día 14 de setembro, os viños da Denominación de Orixe Monterrei tomarán rumbo a unha nova parada do seu percorrido nacional. San Sebastián será o lugar que acolla o Showroom Vidivinos no que participarán por segunda vez. Un evento destinado aos profesionais do sector para facilitar e impulsar unha comercialización directa do produto.
Esta iniciativa terá lugar no Hotel Londres, de 12:15 a 15:00h pola mañá e de 17:00 a 21:00h pola tarde, para desfrutar dos viños, tintos e brancos, destas 21 bodegas da D. O.:
- Ladairo
- Pazos del Rey
- Gargalo
- Pazo das Tapias
- Castro de Lobarzán
- Vinos Lara
- José Luis Gómez Ibáñez
- Crego e Monaguillo
- Quinta do Buble
- Terras do Cigarrón
- Triay
- Tapias Mariñán
- Fragas do Lecer
- Vía Arxéntea
- Abeledos
- Tabú
- Franco Basalo
- Alba Al-Bar
- Trasdovento
- Quinta Soutullo
- Manuel Vázquez Losada
A participación no evento permitirá reforzar a imaxe da marca e mostrar, in situ, as grandes características dos viños de Monterrei, fidelizar ao público consumidor e abrir novas vías de mercado. Os asistentes, ademais de catar os viños da Denominación, poderán descubrir as peculiaridades edafoclimáticas, as variedades de uva, as tipoloxías de viño, a cultura e a tradición vitivinícola da nosa zona.