domingo. 19.07.2026
O seu godello "Tres Mentiras" quedou certificado baixo a tipoloxía "branco de Monterrei"

NOTICIAS VERÍN | Terra de Godello entra na D.O. Monterrei e xa son 29 as adegas inscritas

Viños DO Monterrei vino godello castelo
O godello "Tres Mentiras" quedou certificado baixo a tipoloxía "branco de Monterrei". | FOTO: D.O. Monterrei.

A Denominación de Orixe Monterrei vén de sumar unha adega máis; Terra de Godello comezará a etiquetar os seus viños coa certificación de calidade do CRDO Monterrei. Ubicada no Rosal (Oímbra), a nova adega comercializa dende hai uns meses os seus viños baixo o nome Tres Mentiras; algo máis de 50 000 botellas de branco e tinto coas uvas godello e mencía como protagonistas.

A decisión tomábase no Comité de Certificación da D.O. Monterrei, logo de comprobar que Terra do Godello cumpre todos os requisitos necesarios para certificar o seu viño baixo a tipoloxía "branco de Monterrei". Con esta nova incorporación, a D.O. Monterrei xa conta con 29 adegas inscritas e certificadas nun territorio que abrangue un total de 798,10 hectáreas de viñedos nos que trabllan 381 viticultores e viticultoras.

NOTICIAS VERÍN | Terra de Godello entra na D.O. Monterrei e xa son 29 as adegas inscritas