Venres. 29.03.2024
Algúns dos viños da D. O. Monterrei.
Algúns dos viños da D. O. Monterrei.

A última viaxe promocional da Denominación de Orixe Monterrei congregou a máis de oitenta profesionais do sector da distribución da cidade vasca de San Sebastián. O evento, realizado no marco do Showroom 'Vidivinos', tiña como obxectivo facilitar e impulsar a comercialización directa do produto.

Participaron representantes dos mellores restaurantes da zona como Dendategui Hermanos, Chapoo, Arzak, Akelarre, Portu Taberna, Calderón, Zazpi San Telmo, Oteiza, García Edén; ou distribuidores como Bebidas Ugalde, Exclusivas Mardu, Lukas Gourmet, Mikel Santos Sanchez, Solbes Gourmet, Anabi 2005, Ulzama, Amolasagasti, Errasti, Doowine, Garcia Edari Baketat, entre outros, así como varios sumilleres, como Jon Andoni Rementería, un dos moitos que se achegaron ata o espazo da D.O.

Segundo a presidenta do C.R.D.O., Lara Da Silva, o acto rematou de xeito satisfactorio. "A participación no Showroom 'Vidivinos' finalizou con éxito de asistentes ao espazo da Denominación de Orixe. Non é a primeira ocasión que Monterrei realiza unha acción promocional nesta cidade. Seguiremos téndoa na nosa lista de indispensables, xa que o nivel participativo sempre é moi alto e representa un mercado clave para os nosos viños", conclúe. 

NOTICIAS VERÍN | Novo éxito da D.O. Monterrei nos 'Vidivinos' de San Sebastián