Durante cinco fins de semana entre os meses de maio e xuño poderanse facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes na Primavera de portas abertas nas Rutas do Viño de Galicia. Como cada ano, a Xunta de Galicia pon en marcha a súa campaña de promoción do enoturismo na comunidade, unha oportunidade para coñecer os cinco grandes territorios vitivinícolas galegos. Nesta edición, as terras de Monterrei inician a tempada.
Un completo programa de actividades de enoturismo que se realizarán nas cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras. Quérese impulsar así o enoturismo, ofertando un programa variado no que cabe destacar a implicación non só de adegas, senón tamén de establecementos de aloxamento e restauración. En esta edición participan 62 adegas, 21 aloxamentos e 9 restaurantes.
Ademais das visitas guiadas gratuítas ás adegas haberá outras actividades coas que afondar no patrimonio natural, arquitectónico, cultural e musical, entre outros, do territorio. Serán arredor de 70 accións distintas, contando cos Buses do Viño que permiten o desprazamento desde as principais localidades de Galicia e Ponferrada. Catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca, descontos en aloxamentos, gastronomía local e outras accións relacionadas co mundo do viño. En cada nova edición, as rutas do viño de Galicia esfórzanse por ofrecer un abano de novidosos eventos.
Actividades para todos os gustos
A Ruta do Viño de Monterrei inicia a Primavera de portas abertas na primeira fin de semana de maio. Este ano tan só ofrecerá catro actividades, pero os buses do viño percorrerán o patrimonio arquitectónico e natural da bisbarra entre adega e adega, incluída unha ruta polos mananciais de augas mineromedicinais de Verín. A seguinte será a Ruta do Viño de Valdeorras, do 9 ao 11 de maio, con máis de 15 actividades diversas como a excursión en segway entre sendeiros e viñedos, un paseo en barco ou as vistias á serra da Enciña da Lastra e ao Teixedal de Casaio ou a posibilidade de facer elaboracións de viño coa uva Garnacha Tintorera.
Do 16 ao 18 de maio será a quenda do programa especial de actividades na Ruta do Viño Rías Baixas; 14 actividades nas que o queixo vai ser un dos protagonistas xunto ao viño. Pero tamén a música, o sendeirismo e mesmo a cosmética, coa celebración dun obradoiro; sen esquecer a visita ao museo da Ciencia do Viño en Salvaterra. A Ruta do Viño Ribeira Sacra abrirá as súas portas do 23 ao 25 de maio con 12 actividades, alguna tan curiosa como a cata de maridaxe de viño e flores; o aceite, o jazz, o románico e a impresionante natureza dos cañóns do Sil e do Miño mesturaranse co viño.
A Ruta do Viño do Ribeiro pechará este ano a campaña enoturística. A fin de semana do 30 de maio ao 1 de xuño celebrarán 15 actividades: concertos, ruta de tapeo con petiscos para harmonizar cos viños das adegas participantes, visitas a museos, unha andaina fluvial, un picnic, unha experiencia termal o excursiones para conocer el patrimonio cultural. Eso si, este ano cun protagonismo especial dos viños ecolóxicos e dos vermús. O prazo para anotarse xa está aberto; consulta nesta ligazón toda a información detallada e como anotarte nas actividades da Primavera de portas abertas nas Rutas do Viño de Galicia.


