domingo. 19.07.2026
O director da Agacal, Martín Alemparte, achegouse polo stand

A IMAXE DE ... | A D.O. Monterrei na Barcelona Wine Week

Martín Alemparte, co xerente da D.O. Monterrei, Gonzalo Losada Lorenzo.
Martín Alemparte, co xerente da D.O. Monterrei, Gonzalo Losada Lorenzo.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu este luns á inauguración da Barcelona Wine Week, que se celebra desde o día 3 ata o mércores, 5 de febreiro, no recinto feiral de Montjuïc, e no que a Consellería do Medio Rural está presente para apoiar o sector vitivinícola da nosa comunidade, como tamén a Denominación de Orixe Monterrei no que é a súa cuarta participación nun certame no que estarán representados 75 selos de calidade e máis de 1.100 adegas.  

Martín Alemparte salientou este tipo de celebracións, que se configuran como un escaparate ideal no que presentar e promocionar as elaboracións vitivinícolas galegas para dalas a coñecer fóra de Galicia e ante un público internacional.

A Axencia participa no evento a través da presencia de 45 industrias de elaboración de viños ou augardantes, que asistirán agrupadas baixo a marca Galicia. 

No stand de D.O. Monterrei ofrecerase información das características edafoclimáticas, da tipoloxía dos viños, das variedades da denominación e, como non, poderanse degustar os caldos das seguintes adegas:
  • Trasdovento,
  • Minius,
  • Alejandro Ramón Blanco Dijkhoff (Ramón Bigotes),
  • Ladairo,
  • Pazo de Valdeconde,
  • Alba Al-Bar (Daniel Fernández),
  • Vía Arxéntea,
  • Castro de Lobarzán,
  • Crego e Monaguillo,
  • Fragas do Lecer,
  • Franco Basalo,
  • Gargalo,
  • José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara),
  • José Luis Mateo García (Quinta da Muradella),
  • Manuel Regueiro García,
  • Manuel Vázquez Losada,
  • Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán),
  • Terras do Cigarrón e
  • Triay

A IMAXE DE ... | A D.O. Monterrei na Barcelona Wine Week