martes. 23.07.2024
2024 campaña publicitaria DOMonterrei
A D.O. Monterrei segue apostando pola variedade godello como identificadora dos viños do seu territorio.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei pon en marcha unha nova campaña publicitaria para reivindicar a calidade do godello elaborado nesta zona vitivinícola. Una acción promocional que busca seguir fomentando o coñecemento e o consumo do Godello de Monterrei, un viño cada vez máis demandado porque encaixa á perfección cos gustos do consumidor actual: frescos, delicados e elegantes.


A nova estratexia publicitaria da D. O. Monterrei arrincou cunha acción de intriga nas catro provincias galegas: un cartel, unha coroa e o slogan "Viva o rei!. O misterio resolvíase cun código QR que daba acceso á páxina web oreidogodello.com. Ademais, creouse unha divertida peza audiovisual onde un mozo de Monterrei acaba concluíndo que non fai falla dicir nada do Godello de Monterrei, porque "é un viño que fala por sí só, un viñazo, e só fai falla probalo para darse de conta de que é o Rei do Godello".

 

A campaña "O rei do Godello" ten como obxectivo afianzar o posicionamento do godello da comarca coma un viño de máxima calidade e aliñado coas preferencias dos novos consumidores, sendo unha opción exclusiva e diferenciadora. Unha nova creatividade que une todos os valores que simboliza a D.O. Monterrei: a historia vitícola de máis de 2.000 anos na rexión, o respecto pola terra e a priorización da calidade dos viños. Incluso conta cun bando real.

A IMAXE DE... | A nova campaña publicitaria da D.O. Monterrei