
A día 4 de xuño data o asinamento do documento que recolle, por escrito, as cuestións das que cada entidade terá responsabilidade, do mesmo xeito no que se realizou o ano pasado. No mesmo, inclúense as informacións e decisións precisas en materia da montaxe do recinto feiral, actuacións musicais, publicidade ou o acto da Cofradía dos Viños de Monterrei, entre outras temáticas e actividades.
A colaboración entre os dous organismos, no referente á Feira do Viño de Monterrei, esténdese a outros ámbitos como a elección do cartel oficial, que anunciarán na próxima semana.