Venres. 29.03.2024
conselleiro
O conselleiro José González, no centro, acompañado pola presidenta da Denominación de Orixe, Lara Da Silva.

O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou hoxe a bodega Crego e Monaguillo. Esta visita enmárcase dentro do percorrido que vén realizando polas diferentes denominacións de orixe, co obxectivo de coñecer de primeira man as súas necesidades. Así, destacou o peso que ten este sector produtivo na economía galega, e a importancia de traballar nun plan estratéxico e de dinamización territorial das cinco denominacións de orixe de viño de Galicia, presentado o pasado mes de xaneiro na Feira Internacional de Turismo, FITUR 2019.

Neste senso, José González, que estivo acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), Manuel Rodríguez, puxo en valor os datos da última vendima, onde se recolleron case 5,6 millóns de kilos de uva de excelente estado fitosanitario. 

Deste modo, fixo fincapé no crecemento da denominación de orixe Monterrei nos últimos anos, ao pasar dos 800.000 litros producidos no ano 2009 a unha media de case 3 millóns de litros nos tres últimos anos.

Así, o conselleiro matizou que con este plan "preténdese mellorar tanto o posicionamento dos viños galegos de calidade como das comarcas que representan e para iso conta coa participación de todos os axentes clave do territorio".

Da visita a adega de A Salgueira, González achegouse ata as instalacións do Consello Regulador da Denominación de Orixe. Alí participou nun pleno de carácter extraordinario da entidade.

A Denominación de Orixe multiplicou por catro en dez anos os litros anuais producidos