jueves. 25.04.2024
O lume  a Mezquita iniciouse en montes da parroquia do Pereiro.
O lume a Mezquita iniciouse en montes da parroquia do Pereiro.

Os medios de extinción lograron apagar na tarde de onte o lume que se iniciou o pasado mércores na Mezquita, concretamente na parroquia do Pereiro. Os cálculos finais confirmados por Medio Rural, sinalaron que a superficie afectada abrangue unhas 223,89 hectáreas, das cales 213,89 son de monte raso e o resto árbores.

Este lume espertou os peores temores dos veciños, que na noite do mércores para o xoves, viron como as lapas avanzaban e se aproximaban ós núcleos de poboación. A A-52 tamén se viu afectada, xa que as chamas cruzaron a vía e dificultou o tránsito dos vehículos. O alcalde, Rafael Pérez, califiou esa noite de "inferno" e sinalou o gran esforzo que fixeron os veciños para frear este lume, que finalmente se apagou sen lamentar grandes danos materiais.

No caso de Verín, o lume que se iniciou nunha decena da focos simultáneos tamén na tarde do mércores e que calcinou 600 hectáreas, declarouse como controlado esta mañá. Os medios de extinción confían en poder extinguilo pronto e así rematar con este pesadelo que veciños de Verín e Vilardevós tardarán en esquecer.

PREVENCIÓN

O Concello de Viana do Bolo ten aberto un proceso de inscrición para a contratación temporal de dúas brigadas forestais  que axuden nas tarefas de prevención, vixiancia e defensa contra os incendios neste ano. Os interesados teñen ata mañá para anotarse neste sistema de concurso-oposición libre. Os postos a cubrir son de dous xefes de brigada, dous peóns conductores e outros seis para a brigada. O contrato terá unha duración máxima de ata o 31 de outubro. As bases pódense consultar na web do Concello.

NOTICIAS VERÍN | O lume da Mezquita xa se extinguiu con case 225 hectáreas ardidas