viernes. 26.04.2024
O conselleiro Julio García Comesaña, no centro, co alcalde da Gudiña José María  Lago á súa esquerda.
O conselleiro Julio García Comesaña, no centro, co alcalde da Gudiña José María Lago á súa esquerda.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña trasladou ao alcalde da Gudiña, José María Lago, a intención da Xunta de colaborar nas obras de reparación da cuberta do centro de saúde deste Concello, necesarias para poder arranxar o problema de filtración de auga que ven sufrindo o edificio.

Conselleiro e alcalde acadaron este acordo nunha reunión mantida esta semana na xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense na que estiveron acompañados do Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e do xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Félix Rubial.

Dado que o centro de saúde é de titularidade municipal, resulta necesario subscribir un convenio de colaboración entre ambas administracións. Por elo, o Sergas remitiu xa ao concello unha proposta de convenio para recibir a súa conformidade a poder dar comezo á necesaria tramitación administrativa previa á súa sinatura. O texto contempla a realización dunha obra dun custo estimado próximo aos 50.000 euros, en base ao orzamento achegado polo Concello. Este custo será cofinanciado ao 50% entre Xunta e Concello.

Sergas e Concello arranxarán, con 50.000 euros, a cuberta do PAC da Gudiña