martes. 23.04.2024

OPINIÓN | "Para un servidor xa gañaron"

Tanxugueiras sobre o escenario do Benidorm Fest na primeira semifinal. FOTO: Rocío Cibes - Facebook Tanxugueiras
Tanxugueiras sobre o escenario do Benidorm Fest na primeira semifinal. FOTO: Rocío Cibes - Facebook Tanxugueiras

Decía Silvio Rodríguez : "Yo prefiero hablar de cosas imposibles, porque de lo posible se sabe demasiado". E si, sen sair do meu asombro, observo estupefacto como tres mozas galegas, cantando en galego e en horario de máxima audiencia,  poñen de pé a media península ibérica a golpe de pandeireta. O que escribe ten certa sensibilade pola música tradicional e non quixera deixar escapar a ocasión de valorar tanto a canción como a actuación do Benidorm Fest.

O tema ten moita pegada, moitísima. Tintes épicos e base moderna traída a terra (nunca mellor dito). Contundente e directo con un "ailalalá" como parte principal, igual ca o que se cantaba nas aldeas da comarca hai cen anos nas romerías e festas, só que adaptado aos tempos que corren. Se ben é certo que queda pouco por inventar, cando alguen colle o testigo dos seus devanceiros co cariño e respeto necesario e o procesa dun xeito tan maxistral pasan cousas. Pasa que de repente un mira ao redor e aparece Baiuca enchendo festivais de música electrónica cun espectáculo onde o fío conductor é a música tradicional. Pasa que Mercedes Peón é un referente mundial da World Music. E como non, pasa que nos damos conta que o noso, o de antes e o de agora, gusta. Atrevome a decir que normalmente gusta máis fora ca na casa, pero eso é outro debate.

Se ben é certo que queda pouco por inventar, cando alguen colle o testigo dos seus devanceiros co cariño e respeto necesario e o procesa dun xeito tan maxistral pasan cousas.

En termos Eurovisivos. Cal é a razón de que "terra" sexa o tema máis eurovisivo do Benidorm Fest? Non fai falta ser musicólogo para entender que as raíces da música tradicional galega están infinitamente máis conectadas con europa ca calquera canción POP que se poda presentar, xa por non falar das bases da antimúsica (o reguetón) que aborrecen ata o infinito. O fío que une "Terra" cos países que se presentan a Eurovisión é palpable. Esa conexión é a que fai que os eurofans de toda europa queiran esoitar terra en Eurovisión.

Non fai falta ser musicólogo para entender que as raíces da música tradicional galega están infinitamente máis conectadas con europa ca calquera canción POP

Respecto ao acontecido no Benidorm Fest. O nivel técnico que amosaron estas mozas e o seu equipo foi infinitamente superior ao dos seus competidores. Si, Galicia é unha potencia en creatividade e producción  de espectáculos. A escenografía de dez, o detalle de incluir ao productor dos temas (Iago Pico) en escena é un detalle que só fala ben delas. A coreografía, con guiños constantes aos puntos e pasos tradicionais maxistralmente executada. Tanto vestiario como maquillaxe impecables. A  nivel vocal o que vimos foi un derroche de enerxía que traspasaba a pantalla da televisión. Se cadra ese derroche foi o causante de mínimos, e case imperceptibles desaxustes vocais. Nada grave.

O nivel técnico que amosaron estas mozas e o seu equipo foi infinitamente superior ao dos seus competidores.

A realidade é que foron os EuroFans os que quixeron que Tanxugueiras se presentasen ao Benidorm Fest. Elas colleron o testigo e fixeron un tema que puidese ganar eurovisión, na miña opinión podería ser, podería ganar, SI. Son as redes e a xente os que queren que Tanxugueiras vaian a Eurovisión.

Polo visto, para un xurado de expertos non vale a proposta destas mozas. Eu preguntábame se vimos a mesma actuación ou se alguén se trabucou… Logo empecei a pensar mal, que lle imos facer. Empecei a pensar que igual que un tema en Galego, cantando por tres mozas que falan de linguas cooficiales, de inclusividade, de pluralidade, de que as fronteiras son mentais ao mellor ao xurado e a RTVE non lle prestaba moito. Pensei que Alaska podería aprender a prounciar o nome dos artistas antes de presentar unha gala. Pensei que Màxim Huerta cando o público abucheou a decisión do xurado houbese desexado estar no ministerio de cultura en vez de alí. Pensei que o pobo falou e eso xa é dabondo. A xente quere Tanxugueiras. A pregunta é: Van permitilo? Veremolo o Sábado. Podían levar outra vez a Salvador Sobral por se non lle quedou claro por quen apostaba o portugués.

Empecei a pensar que igual que un tema en Galego, cantando por tres mozas que falan de linguas cooficiales, de inclusividade, de pluralidade, de que as fronteiras son mentais ao mellor ao xurado e a RTVE non lle prestaba moito.

Para un servidor xa gañaron.

OPINIÓN | "Para un servidor xa gañaron"
Comentarios