Evento
AXENDA | A Mezquita non queda sen festexar a San Xoán
23/06/22
a
23/06/22
18:00
a
23:59
Praza do Concello de A Mezquita

11:43 do 21 de xuño de 2022
A festa de San Xoán non se esquece en A Mezquita, onde os veciños contarán cunha xornada festiva este xoves 23. Ás 18:00 horas comezará unha foliada a cargo de As Travesas de A Mezquita e o grupo de música tradicional Freiro da Brúa, que amenizarán o día no Pub Verano, no Pub Pilas e no Bar Perkis. Este último será o encargado de acoller a tradicional sardiñada onde tampouco faltarán os chourizos, organizada polos grupos musicais coa colaboración do Concello de A Mezquita. Pola noite prenderase unha gran fogata na Praza do Concello.