lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | "A voz e a experiencia", concerto coloquio de María do Ceo

14/3/24
19:00
Casa da Cultura de Verín.
María do Ceo 02

María do Ceo chega a Verín da man de Cruz Vermella. Baixo o título "A voz e a experiencia", a gran fadista ofrecerá un concerto coloquio no que combina cancións e palabras para crear un recital intimista a través do que compartir as súas vivencias.

Acompañada por Nora Sola, presidenta comarcal de Cruz Vermella, María do Ceo amosará a súa parte máis persoal conversando co público.

Música, voz e testemuñas inspiradoras nun concerto que terá lugar na Casa da Cultura de Verín o xoves 14 de marzo ás 19:00h con entrada libre ata completar aforo.

Organizado por Cruz Vermella dentro do programa de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, conta coa colaboración do Concello de Verín e co apoio da Xunta de Galicia.