domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | Tarde de teatro en familia no Auditorio de Verín

7/10/23
18:00
Auditorio de Verín.
teatro CIM verín 20231007

O Auditorio de Verín acollerá unha tarde de teatro en familia coa posta en escena de "El laboratorio de los sueños", unha obra ó abeiro do proxecto Teatro Rural pola Corresponsabilidade que organiza o Centro de Información á Muller en colaboración cos 7 concellos da Mancomunidade de Verín. A iniciativa busca promover a igualdade e fomentar a educación en valores da cativada da comarca a través do teatro. 

Unha emocionante historia que leva ó público a un mundo de aventuras e soños. Gala, a protagonista, quere seguir os pasos do seu pai no campo da ciencia, o prestixioso Dr. Marabillas, pero ten unha prohibición: a entrada ao laboratorio. O Dr. Marabillas, responsable de enviar as estrelas ó ceo todas as noites para que os nenos e nenas poidan soñar, esqueceuse de enviar estrelas á
súa filla, privándoa dos seus propios soños. Decidida a cambiar a súa sorte, Gala emprende unha misión secreta para acceder ó laboratorio sen ser vista. A pregunta que todos se fan é se Gala conseguirá estrelas para soñar ou se meterá nunha boa lea.

Esta entretida representación familiar promete momentos de diversión e emoción para todas as idades, ó tempo que ofrece unha oportunidade para reflexionar sobre a igualdade e a importancia da corresponsabilidade na educación. A representación, que será de balde, terá lugar o sábado, 7 de outubro, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal.