lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Semana da Muller Rural na Mezquita

17/10/23 a 21/10/23
Edificio Multiusos, A Mezquita

Por mor do Día da Muller Rural, o Concello da Mezquita organiza para esta semana unha repleta axenda de actividades dirxidas as mulleres coas que se pretende pór en valor o seu importante papel no medio rural.

Levaranse a cabo talleres de temáticas variadas, dende pintura en madeira ata autocoidado da muller. Ademais, contarán coa participación de Rosa Xava, quen impartirá o Taller de Relaxación.

Este luns 16 ás 18:00 horas realizarase unha homenaxe a unha das mulleres máis lonxevas do concello e tamén á máis nova.