jueves. 02.05.2024

Evento

AXENDA | Laza celebrará o Santo Cristo na última fin de semana de abril

28/4/23 a 30/4/23
Laza
2023 Santo Cristo
Programa dos festexos do Santo Cristo en Laza.

festa relixiosa na honra do Santo Cristo representa a benvida á primavera. Música, crenzas relixiosas, baile, gastronomía e moito sentimento nun evento no que participan numerosos veciños e veciñas coa intención de seguir pondo en valor as súas tradicións. Laza acollerá a súa celebración durante os días 28, 29 e 30 de abril.

 

Os festexos contan con actividades cargadas de simbolismo e tradición, curiosas personaxes e a interpretación de escenas tradicionais. Os danzantes, a Eva e o seu baile, o Sacrificio de Isaac, a loita dos mouros e cristiáns ou o levantamento do Maio son algúns exemplos das actividades que terán lugar en Laza durante o Santo Cristo.

 

O venres, 28 de abril, comezará a festa coa xuntanza para Buscar o Maio. O sábado será o día dedicado ó Levantamento do Maio. O día grande será o domingo. Ó mediodía terá lugar a Saída da Eva coa procesión; chegarán ata A Picota para interpretar o Sacrificio de Isaac e a Loita dos mouros e cristiáns. Tamén, é o día no que bailan os Danzantes, dando paso á celebración da misa solemne. Durante a tarde, o Baile da Eva encherá de música as rúas de Laza.