martes. 15.10.2024

Evento

AXENDA | Matamá inicia o seu Antroido

30/1/24 a 30/1/24
20240120 entroido matamá

A aldea de Matamá conserva unha das tradicións entroideiras máis ancestrais da bisbarra. Único lugar no que a festa se chama "Antroido" e no que a veciñanza se esforza por conservar. Son coñecidas as súas Madamas, figuras case únicas na contorna.

Este ano contan cun fermoso cartel deseñado por Olalla D. Boó. Mañá inician os festexos na honra de Don Carnal co primeiro folión. A partir das 23:00 horas arrancarán dende a praza do Cruceiro acompañados cos Bombeiros de Vences.

O venres 27 terán o segundo folión e continuarán os festexos ata o 13 de febreiro. Madamas, tocados, cigarróns, o testamento do burro... unha chea de tradicións para celebrar o Antroido.